Feiraco, o éxito do modelo cooperativo

stop

A cooperativa de gandeiros integra as granxas de 18 concellos das comarcas de Santiago, Ordes e Arzúa e factura máis de 100 millóns ao ano

Economía Digital

Feiraco participou na campaña polo Día das Letras Galegas 2015, adicado a Filgueira Valverde / Lavandeira Jr
Feiraco participou na campaña polo Día das Letras Galegas 2015, adicado a Filgueira Valverde / Lavandeira Jr

en A Coruña, 09 de diciembre de 2016 (15:21 CET)

Fundada en 1968, Feiraco é hoxe un referente do sector lácteo galego. A cooperativa de gandeiros consolidou as súas vendas en cotas superiores aos 100 millóns de euros, distribuindo únicamente o produto dos seus socios, granxas de 18 municipios concentrados nas comarcas de Santiago, Ordes e Arzúa.



"En Feiraco mantemos un firme compromiso coa calidade para ofrecer os mellores produtos lácteos, saudables e elaborados de maneira responsable e sustentable. Ademais, apostamos por fomentar o desenvolvemento económico e social de Galicia, apoiando e dándolle valor á produción gandeira dos nosos socios", indican na empresa para definir o seu modelo de negocio.

A concentración e a proximidade xeográfica das gandarías facilitan a trazabilidade na operativa de Feiraco, quen dende hai moitos anos vén apostando polo coidado da súa contorna e pola sustentabilidade.

"As nosas granxas apostan por modelos de xestión sustentable e políticas de innovación e seguridade alimentaria que garanten a calidade de todos os nosos produtos dende a orixe", di o grupo de orixe cooperativa. 






No 2009, Feiraco aprobou o Plan de Igualdade polo que o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade lle outorgou o Distintivo de Igualdade na Empresa. Esta mención recoñece a aplicación de medidas que garanten a paridade de oportunidades entre sexos.

Feiraco é, ademais, a primeira compañía alimentaria de Galicia adherida á Rede Española do Pacto Mundial de Nacións Unidas.

Xa coma referente do sector lácteo en Galicia e un dos máis importantes grupos lácteos de capital galego, Feiraco supero a cota dos 100 millóns de euros de facturación. Nun escenario inestable polo remate das cotas lácteos, a cooperativa logrou elminar o seu endebedamento e pechar ano tras ano con beneficios próximos o millón de euros. O obxectivo do grupo é a sustentabilidade dos socios gandeiros que suman forzas no proxecto común.



A garantía de calidade dos produtos Feiraco comeza na selección da materia prima, pois fabrica os seus propios piensos, deseñados á medida das necesidades das granxas que integran o grupo.

"Contamos ademais cun sistema integrado de calidade e de inocuidade dos alimentos, baseado nas certificacións ISO 9001 e ISO 22000, que abrangue toda a cadea de fabricación, dende a produción gandeira do leite de vaca nas nosas explotacións ata o envasado e comercialización dos produtos finais", insisten en Feiraco.


E cales son eses produtos? A actividade principal de Feiraco céntrase na produción e comercialización de leite (enteiro, semidesnatado e desnatado); leite para hostalaría; leite Únicla (coas súas cinco referencias: Enteiro, Semidesnatado, Desnatado, Semidesnatado Sen Lactosa e Desnatado Sen Lactosa); batidos; natas; iogures líquidos que non precisan frío para a súa conservación e queixos.

Feiraco é un dos impulsores do no proxecto cooperativo CLUN, no que se integran tamén as cooperativas coruñesas Os Irmandiños e Melisanto. A intención é crear un gran grupo lácteo con sinerxias entre os actores que forman parte del, de maneira que poidan abaratar custos e competir nun mercado castigado polos baixos prezos do leite en orixe.

As cooperativas que aprobaron acordo de integración dedícanse principalmente á fabricación de pensos, tenda agrícola e á prestación de servizos aos seus socios; e á recollida, envasado e distribución de leite, así como doutros derivados lácteos.





 En xaneiro de 2016, Feiraco recibiu o Premio Responsabilidade Social Empresarial da Xunta de Galicia. Outorgado anualmente e concedido na modalidade de ámbito social, o galardón recoñece o proxecto Responsabilidade Social en Movemento, deseñado por e para o cadro de persoal da cooperativa láctea, que busca afianzar prácticas responsables en todas as áreas de traballo, niveis de xestión e relacións co entorno a través do diálogo e da interacción continua entre os traballadores.

Cos Premios RSE Galicia a Xunta pretende recoñecer as diferentes prácticas de responsabilidade social corporativa de empresas ou centros de traballo galegos. Para a concesión do premio, o xurando valorou especialmente a creación do emprego de calidade, a diversidade, a integración social, a formación, a acción social e o compromiso coa comunidade local que promove Feiraco nas súas diferentes actuacións.
Suscribir a boletines

Al suscribirte confirmas nuestra política de privacidad