Así se despidió Arturo Dopico de la plantilla de R

stop

El consejero delegado, a través de un correo muy emotivo y personal, comunicó su salida de la entidad tras el desembarco de Euskaltel

Arturo Dopico, ex consejero delegado de R

en A Coruña, 04 de diciembre de 2015 (01:55 CET)

Arturo Dopico, consejero delegado de R durante 17 años, decidió salir de la operadora gallega al día siguiente de conocer el acuerdo de compra al que había llegado con Euskaltel. La compañía vasca presentó este jueves al nuevo director de la empresa, Manuel Salaverría. Tiempos de cambio. R tiene nuevo dueño y el primer comité de empresa de su historia.

En la nueva etapa no estará Dopico, que se despidió de la plantilla a través de un correo electrónico muy emotivo en el que elogia la labor de los trabajadores y el "profundo" compromiso con Galicia de la compañia. Este es el texto íntegro (se le ha retirado un párrafo por contener el nombre de una persona en particular)

 

Pois non, hoxe luns non vimos. Hoxe escomenza unha nova etapa e tocanos pasar o testigo. Supoño que isto debe ser o máis semellante a que unha filla marche de casa, lle desexas o mellor, pero sinteste triste e só.

Entereime o 22 de xullo do acordo para a venda da compañía e o 23 tiña xa decidido marchar, comentéino con Paco o 24 e él comentóume que xa hai anos tiña decidido marchar cando eu marchase. Penso que na vida por riba de todo o máis importante é ser coherente.

Podría decirvos moitas cousas, pero mellor escomenzar polo importante:

UN MILLON DE GRAZAS. (de todo corazón)

E primeiro de todo pedirvos un favor … máis. Achegádelle este agradecemento as persoas das empresas que levan traballando connosco dende sempre, os comerciáis, os profesionáis das tendas, os instaladores, os que cuidan os nosos clientes, os que manteñen, operan e arranxan a nosa rede, os que pelexan e acadan os permisos, os que teñen xestionado as inxentes obras que temos feito por toda Galicia, os que soportan as tarefas de contabilidade, administración, seguridade, marketing, enxeñería e tantos outros que fan posible este proxecto.

Eles e máis vos sodes os que teñen sufrido as tarefas máis duras e desagradables mentres outros estabámos en posicions mais alonxadas das batallas, e ambolos dous sodes os responsables de que R sexa a referencia que hoxe é en moitos campos.

Tivemos un soño alá polo ano 92, un operador de telecomunicacións galego cando só había un monopolio (e durou ata o 98), e mareamos a moitos ata convencelos de que viñeran connosco a facelo realidade (ou ao mellor dixéronnos que si por non aturarnos máis). Con só 34 anos xente valente déronnos a oportunidade de levalo adiante, e xente irresponsable coma nós aceptamos … ata hoxe.

O bo de ter soños grandes e que tardas moito en acadalos, e polo tanto desfrutas moíto máis daqueles aos que queres durante máis tempo.

Temos que pensarnos privilexiados, mil millons de euros en mans de rapaces coma nós non podía rematar ben e nembargantes aquí estamos. Fixémolo sós, partindo de cero. Ten que ser para todos un orgullo ter podido levar adiante un proxecto tan complexo e relevante para Galiza coma este. Para os de orixe humilde o que temos acadado é "ó endexamais inimaxinable" (lembradevos de cando eramos cativos), e polo tanto hoxe ten que ser un día para a recapitulación e a ledicia.

E o máis importante, fixéstelo sen perder as vosas orixes e todo o que nos permitiú chegar ata aquí, a nosa cultura e valores, a rigorosidade, profesionalidade e calidade sen compromisos coa que vimos traballando todo este tempo e, por suposto, o noso sincero e fondo compromiso con Galicia.

Levamos andado un camiño moi duro e superámolo cos valores que nos transmitiron os nosos devanceiros, curiosidade e moitas ganas de aprender, moito traballo e esforzo, pero sobor de todo penso que sinxeleza, honestidade, humildade, e tamén ambición, valentía e afán por ser os mellores. Vivir tamén e competir, é a propia natureza. E máis nas empresas.

Escomenza una nova etapa que ten que ser, coma todas, ilusionante, e a ela teredes que seguir aportando todo esto, tede sempre fame, curiosidade, enerxía, valentía e seguide a facer as cousas como ata o de agora, con paixón, convicción nas vosas ideas, xustiza, coraxe e moitísmo humor, e non teñades medo de nada. Eu quedo seguro de que acadaredes todo o que vos propoñades e que os novos van a estar moi orgullosos de vos.

No profesional troqueí varias veces de rumbo sin ter claro o que quería,…. ata que o atopéi, e penso que así e sempre, no profesional e no persoal. Toca tentálo outra vez ata atopar outra R.

Se vós tedes pena por os que marchamos, imaxinede nos. Vos perdedes a dous e nos perdemos a moitísimos. Para min, dun día para outro desaparece a metade da miña vida, especialmente ver todos os días a moita xente a que quero moito e na que penso moito, vai ser un luns duro. E asegúrovos que non son de querer a moitos, pero e que aquí vos xuntachedes tantos e tan maravillosas persoas!.

Dezasete anos dan para moito: para traballar, para deprender, para facer moito deporte, para retos, para facer amigos para toda a vida, para emocionarse, para chorar, para namorarse, para crear familias, para perder a seres queridos, vivir moitas penas e para reirse e non parar.

Alguns van a oficina a traballar e outros a vivir, eu tento ser dos segundos. E asegúrovos que cada día erguíame cunha enorme ilusión por chegar a oficina.

E dan tamén para equivocarse moito. A xuventude é sempre arrogante e para min era difícil recoñecer os meus erros, sintoo polos que os sufriron e seguen a sufrilos. Penso que, a pesares de seguer sendo Tauro, teño mellorado, …a lo menos un chisco.

Podo asegurarvos que moitos de vós cos que levo traballando ao voso carón todos estes anos sodes dos que mais teño aprendido na miña vida. Entréi coma moitos dos consultores novos que pasan pola nosa empresa, sen ter nin idea de nada e saio ………………………………………………… ……… máis ou menos igual!!. (pero con máis ganas que ninguén de seguir aprendendo)

É o que ten ser de aldea, imos a universidade, pero a universidade non pasa por nós. Pero non vos esquezades que o esforzo sempre pode o talento.

Sodes unhos fenómenos, moitísimas grazas por deixarme ser un máis e non vos esquezades endexamáis de soñar ao grande e de amar o que facedes.

P.D.: perdoade por facelo por mail, pero non vos somos moito de despedidas.

Suscribir a boletines

Al suscribirte confirmas nuestra política de privacidad